sábado, 25 de xuño de 2022

Bo verán a todos!!!!

Chegou o momento de despedir un novo curso, cheo de momentos inolvidables, pero dende logo se tivese que describilo con fotos creo que estas dúas serían as que mellor o poden definir......





UN DÍA CALQUERA NA NOSA AULA

Para todos aqueles que non puidéchedes asistir á reunión coas familias, deixamos o vídeo que proxectamos para que poidades ver como é un día na nosa aula.

 OBRADOIROS COCIÑA

Este curso centrámonos no proxecto "Somos cociñeir@s". Ademais de aprender un montón de cousas sobre esta deliciosa profesión, cociñamos, cociñamos e cociñamos........😋
Desfrutamos moitísimo cociñando pero sobre todo comendooooooo😜.
Deixamos un delicioso vídeo coas nosas propostas gastronómicas!!!

venres, 24 de xuño de 2022

DURANTE ESTE CURSO TIVEMOS A GRAN SORTE DE PODER FACER MÁIS EXCURSIÓNS, DESFRUTAMOS UN MONTÓN EN CADA UNHA DELAS ....... 

                     VISITA EXPOSICIÓN AFUNDACIÓN E SUBMARINO EN NATURNOVA                 

              

EXCURSIÓN PRAIA RIBEIRA EN BAIONA


VISITA E OBRADOIRO NA PASTELERÍA MELOSA




(NO BLOGUE DE INFANTIL PODEREDES VER OS DISTINTOS VÍDEOS DAS SAÍDAS QUE FIXEMOS TODOS OS NEN@S DE INFANTIL)





xoves, 23 de xuño de 2022



ANIVERSARIOS EN XUÑO

O mes de xuño chegou cargado de aniversarios: Aline, Anxo, Diego, Fabiola e Pablo.

Parabéns chic@s!!!!



              

A nosa compi Chloe, fixo a súa coroa para poder lucila o día do seu aniversario en agosto 💖



DÍA DO LIBRO

Celebramos o Día do Libro, facendo lecturas no patio cos nos padriños/madriñas durante toda a semana.
Como nos gusta que nos lean contiños!!!!







LETRAS GALEGAS 

Este ano a canción elexida polo ciclo de Educación Infantil para celebrar o Día das Letras Galegas foi "Terra" do grupo Tanxugueiras.
Desfrutamos moitísimo preparando o vestiario pero sobre todo ensaiando o baile, foi todo un éxito!!!!
Velaquí deixamos un pequeno video de como foi o "Making-of".
(Na web do cole poderedes ver o Festival ao completo)

domingo, 19 de xuño de 2022

 DÍA DA FAMILIA

O 15 de maio celébrase o Día da Familia, por iso, este ano decidimos facer unha bonita bolsa decorada moi dacordo co noso proxecto: "Somos cociñeir@s". Foi moi divertido experimentar cos alimentos....