venres, 20 de novembro de 2020

   DÍA DA INFANCIA (20 de Novembro)

O venres celebramos no cole o Día da Infancia e para elo fixemos un bonito mural coas nosas mans:


                  

😊 Ademais tamén bailamos ao ritmo da canción: "JERUSALEMA", video que podedes ver no blogue de LIBRINCIOS.

PRIMEIROS ANIVERSARIOS

En outubro tivemos a sorte de poder celebrar os primeiros aniversarios do curso. Este curso van ser algo diferentes ao que estabamos acostumados, pero grazas a colaboración das familias podemos seguir desfrutando deses momentos tan especiais e emotivos para os nenos e nenas.

O primeiro que lle tocou foi a TEO:



E case a finais de mes tocoulle a LÍA:


PARABÉNS CHICOS XA TEDES 3 ANIÑOS!!!💓




 OUTUBRO

Outubro chegou cheo de actividades e novas experiencias, aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos.....



mércores, 4 de novembro de 2020

Benvidos ao cole

OS PRIMEIROS DÍAS NO COLE

Comezamos o curso cheos de nervios e emocións pero con moitas ganas de empezar a escribir a nosa etapa no cole dos "maiores". Este curso tan atípico, impediu que as familias compartísedes con eles os primeiros días, por isto, vos deixamos este vídeo para compartir con vós algúns dos momentos vividos neses días. 

Esperamos que vos guste!!!😉

       👉Os nosos primeiros días no cole