xoves, 25 de novembro de 2021

  25 N: DÍA DA NON VIOLENCIA

Hoxe,  adicamos o día  a traballar o tema da non violencia e igualdade entre xéneros a través dun conto, unha canción e un divertido obradoiro de cociña. É moi importante concienciar a todos e todas da tolerancia cero ante calquera tipo de violencia machista. A través do conto "Maruxa" e traballando en equipo de xeito cooperativo, tod@s convertémonos en Maruxas e Pepiños...








sábado, 20 de novembro de 2021

 DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

Hoxe, 20 de novembro, celébrase o Día Mundial da Infancia e para celebralo no cole o venres fixemos un bonito contacontos "SOY PEQUEÑITO" e realizamos un divertido mural onde nós, convertémonos no protagonista do conto, porque tamén temos medos e dificultades qUe superar pero por sorte sempre podemos contar con alguén que nos axuda a superalas.


                                                                                           


 No blogue de Infantil podedes ver un bonito vídeo de todo o que fixemos.

            👬Día da Infancia infantil

luns, 15 de novembro de 2021

MAGOSTO

O venres 5 de novembro aproveitando o fantástico día que facía decidimos celebrar o Magosto no monte Galiñeiro.

Desfrutamos dun montón de xogos ao aire libre, das construcións cos elementos da contorna e por suposto dunhas quentiñas castañas.

Velaí deixamos un pequeno vídeo para que o vexades........ 

👉 MAGOSTO 4 ANOS


sábado, 13 de novembro de 2021

SAMAÍN

A última semana de outubro celebramos a Samaín no cole, fixemos distintas propostas tenebrosas, obradoiro de cociña e para rematar a semana unha exposición de cestas de outono e cabazas. 

Estábamos guapísimos cos nosos disfraces terroríficos!!!!!👿👹

Deixamos  unha mostra para que vexades que divertido foi.....    Samaín 4 anos

luns, 8 de novembro de 2021

 INAUGURACIÓN BIBLIOTECA

Este curso librincios quixo sorprendernos inaugurando a biblioteca con xogos populares e para rematar nada mellor que un bonito contacontos.... non volo perdades!!!!!

                                         👉 LIBRINCIOS PRESENTA...

luns, 1 de novembro de 2021

COMEZO DUN NOVO CURSO

Pouco a pouco van pasando os días e sen darnos conta xa levamos mes e medio de cole cheo de novas experiencias..... aquí deixamos un pequeno vídeo de mostra.😍

 OUTUBRO

Con outubro chegaron os aniversarios dos máis peques da clase.... agora xa temos tod@s 4 añazos!!!!!

  PARABÉNS TEO E LÍA!!! 👫