BO VERÁN!
Chegou o momento de despedirnos deste curso que comezou cheo de nervios e emocións. Foi un curso onde non tivo cabida o aburrimento e non paramos de descubrir cousas novas, dende amizades, coñecementos, lugares, sensacións, responsabilidades,....
Estamos moi orgullosas de cada un destes peques e por iso só queda desexarvos un bo verán a todos/as, que sirva para descansar, recargar pilas para volver en setembro con moitas ganas de seguir aprendendo e desfrutando.
Grazas familias pola implicación e agarimo.